Astydamia latifolia
Astydamia latifolia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Astydamia latifolia | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Astydamia latifolia (L.f.) Baill. |
Astydamia latifolia é unha especie de plantas pertencente á familia Apiaceae, única especie do xénero Astydamia. É orixinaria do norte de África, e vive tamén nas costas rochosas de todas as illas das Canarias.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Pode recoñecerse polas súas flores amarelentas e as súas grandes follas suculentas, profundamente dentadas. As súas flores agrúpanse en inflorescencias umbeliformes con cerca de 15 brazos.[2]
Astydamia latifolia é unha especie nativa nas illas Canarias. Trátase dunha planta bianual ou perenne, con talos e follas carnosas, de cor verde clara até verde glauca, pinnadas ou profundamente inciso-dentadas, con lóbulos largos. Flores amarelentas, dispostas en umbelas compostas de 6 a 12 cm de diámetro e de até 15 radios. Froitos ovoides, máis ou menos carnosos, de textura seca cando están maduros, de cor marrón clara, con 3 nervios e un bordo algo dilatado.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Astydamia latifolia foi descrita por (L.f.) Baill. e publicado en Histoire des Plantes 7: 208. 1879.[4]
Astydamia: xénero dedicado á ninfa Astydamia, filla de Oceanus. A planta crece nas proximidades do mar.
latifolia: epíteto latino que significa "con follas largas".[5]
- Astydamia canariensis (Spreng.) DC.
- Astydamia ifniensis Caball.
- Astydamia latifolia var. canariensis (Spreng.) Maire
- Astydamia latifolia var. ifniense (Caball.) Maire
- Bupleurum canariense Spreng.
- Buprestis latifolia Spreng.
- Crithmum latifolium L.f. basónimo
- Heracleum canariense Choisy ex DC.
- Laserpitium crithminum Link
- Levisticum latifolium (L.f.) Batt.
- Tenoria canariensis Spreng.
Coñécese como "leituga ou acelga de mar, pano de mesa ou servilletero".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Astydamia latifolia en PlantList
- ↑ "Coastal Habitat". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ Astydamia latifolia (L. f.) Baill. en Flora de Canarias
- ↑ "Astydamia latifolia (L. f.) Baill.". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de xullo de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Astydamia latifolia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astydamia latifolia |